O paro rexistrado volve a baixar no mes de Abril en Galicia tanto en termos absolutos como en variacións interanuais, consolidando, así, as baixas interanuais que se veñen rexistrando dende xa mais dun ano (Novembro 2013). A taxa de variación interanual do número de contratacións descende en relación ao período anterior (Marzo 2015), pero mantén unha tendencia positiva. A melloría no mercado de traballo é clara e comenza a reflexarse na confianza dos consumidores.