As taxas interanuais de variación do PIBpm indican unha evolución positiva que, por outra banda, xa empeza a dar resultado en termos de emprego. O crecemento é maior en España que en Galicia e explícase, en parte, polo efecto da recente inclusión de novas actividades económicas no cómputo do PIB, que aínda non se computan de forma oficial nos indicadores galegos.