O paro rexistrado amosa un descenso continuado dende o ano 2013, aínda seguindo os patróns estacionais de variación, que fan que o valor absoluto rexistre oscilacións á alta ou á baixa, dependendo do período do ano analizado. A maiores, parece que a curva da gráfica de evolución do paro rexistrado en 2018 ten menor pendiente que a equivalente para 2017, o que, de confirmarse tería un carácter moi positivo, polo que pode significar de cambio de tendencia, xa que as curvas dos últimos dez anos presentan formas moi similares. Mais, o patron anual repítese case que miméticamente e constátanse descensos continuados tanto nos valores máximos anuais como nos mínimos.