Relación de artículos y noticias |
O IGE ven de publicar por primeira vez información estatística sobre a poboación de Galicia nunha cuadrícula regular de 1km2 que cobre todo o territorio de Galicia. Nesta malla regular represéntase unha aproximación da poboación de Galicia segundo diversas características sociodemográficas: sexo, idade, lugar de nacemento, afiliación á Seguridade Social, pensionista? A maior desagregación espacial da información permite un coñecemento máis exhaustivo do comportamento dos patróns das distintas variables no territorio. Con isto preténdese achegar unha mellora na toma de decisións por parte dos axentes