Relación de artículos y noticias |
Eu nunca cheguei a crer no marxismo, pero porque tomei moitos cafés co meu mestre compostelán Carlos Otero. A tese de Carlos Otero, que explicaba tanto na linguaxe académica (A influencia da economía no dereito, 1966) como nas súas conversas de café, era ben sinxela: os procesos sociais son complexos, e polo tanto unhas veces é un fenómeno de natureza económica o que condiciona ás institucións políticas e xurídicas (simplificando, a superestrutura marxista); pero tamén as institucións políticas e xurídicas, moitas veces froito da interacción social ao longo do tempo, xeran resultados económicos dive